Comentario de Jorge González
O gato negro e outros contos de horror
Edgar Allan Poe
Vicens Vives
Cando comecei
a ler este libro titulado "O gato negro e máis contos de horror", de
Edgar Allan Poe xa sabía que ía tratar sobre distintos relatos de medo, porque
este autor, para min, é un dos mellores escritores de contos de horror.
Algúns dos
relatos que contén este libro, cando os les, transmítenche medo e a veces dáche
uns calafríos.
O relato que
máis me gustou foi, "A mascarada da Morte Vermella", porque este
relato fala un chisco da Peste Negra que sufriu Europa na Idade Media.
A linguaxe
desta novela era un pouco difícil de entender, porque había moitas palabras que
eu non utilizo diariamente.
En resumo,
a min gustáronme moito estes contos de horror e recoméndollo a outras persoas ás que lles guste pasar un pouco de medo mentres están a ler un libro.
Sen comentarios
Publicar un comentario