Atopei un pouco raro o comezo do libro, pensei
que era un pouco estraño. Sen embargo, cando a primeira historia rematou,
comecei a ver máis normais as situacións das rapazas (menos a da última historia,
Dúas rosas murchas, que me pareceu demasiado surrealista, cunha pantasma dun
rapaz ao que fai máis dun ano que non ves e te observa durmir). Tal vez a miña
historia favorita fora esa mesma, porque foi a que mellor me imaxinei, pensando
na aldea. Aínda así, o meu personaxe favorito foi Ana, de Un curso con Ana,
pola súa maneira de pensar e a súa forma de ser, sendo capaz de enfrontarse a
quen fixese falta para saírse coa súa, que normalmente era defender á muller fronte
ao home. Atopei un comentario machista na historia A primeira meta, pois a nai
coméntalle á filla que se segue correndo, vai facer músculo nas pernas e que se
lle van deformar; e dille que deixe o deporte para os rapaces, xa que non é
para rapazas. Iso desgustoume moito xa que non é verdade.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
Sen comentarios
Publicar un comentario