Comentario de Anxo Gil
Mutacións xenéticas
Fina Casalderrey
Xerais
Xa esperaba moito do libro, tendo en conta de
quen era. Gustoume moito, aínda que nalgúns momentos notei que a trama avanzaba
moi rápido, e non deixaba moi claras algunhas cousas. Pareceume un pouco
hipócrita a postura de Hadrián, xa que ao principio non quería visitar ao seu
avó, e ao final acabou colléndolle moito cariño. Cando Hadrián exploraba a
caverna mentres o seu avó ía comprar provisións, atopou unhas serpes que o
atacaron, pero el fixo que fuxiran con só dicirlle que fuxiran, co que non
entendín por que dúas serpes, as cales tiñan a Hadrián contra unha parede,
fuxiron só porque el berrou unha soa palabra. Tal vez o personaxe que máis me
gustou foi o avó de Hadrián, xa que este estivo máis de vinte anos recluído en
soidade, experimentando, pero no fondo sentía unha tristeza fondísima, como
demostrou cando mirou un álbum de fotos na presenza de Hadrián, na primeira
noite que este pasou alí.
Sen comentarios
Publicar un comentario