Comentario de Francisco Rodríguez FErnández
Robbie e outros relatos
Isaac Asimov
Vicens Vives
Este libro
de Isaac Asimov deixoume un sabor do máis amargo, polo que seguramente non
volvería ler este libro xa que eu creo que a lectura debe ser gozosa e miña con
este libro non foi así. Un libro do máis surrealista que non me atraeu moito
cando o empecei a ler e que a medida que continuaba ese ánimo co que comecei
foi decrecendo.
A maior
influenza neste ámbito penso que foi a diversidade de contos e a diversidades
de temas en cada un deles, pese a ter un pequeno punto compartido que é o
futurismo. Non me gustou para nada a presenza de dous contos relacionados (co
motivo do ordenador) e dous totalmente independentes. E tamén a falta dun tema
principal (aparte do futurismo) que relacione todos os contos, xa que hainos de
todos os colores e sabores: o primeiro sobre os múltiples prexuízos que existen
día a día "polo que dirán", o segundo sobre a posibilidade de que no
futuro esteamos controlados constantemente polas máquinas, o terceiro sobre o
respecto que lle hai que ter tanto os seres vivos como as pertenzas de alguén,
e cuarto que se complementa con segundo pola aparición do ordenador e que trata
dos medos que un pode ter a non vivir cada día coma se fose o
derradeiro.
Ademais foi
un libro que me custou ler e que a cada capítulo que lía facíame esa pregunta
tan repetida nos viaxes de ¨¿Falta moito?¨ .
Debo admitir
que o tema do futurismo non é un tema que me atraeu nunca pero deille un
voto de confianza a este libro máis pola pinta exterior que por nada do
interior.
En
definitiva que o meu desgusto sobre o tema de ficción segue a aumentar.
Sen comentarios
Publicar un comentario