Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada
Cemiterio de elefantes
Fran Alonso
Xerais
Cemiterio de elefantes
Fran Alonso
Xerais
"Cemiterio
de elefantes", o libro escrito por Fran Alonso é unha peza na que se contan
diferentes historias con diversos temas pero cunha pequena relación.
Este libro
foi un dos que máis me gustou no que levo de curso. Unha das cousas que máis me
gustou é a gran diversidade de temas que ten o libro xa que ten varias
historias diferentes, dende unha muller que vai comprar medicamentos ata outra
que ten unha dor de moas, etc. Estas historias teñen en común que todas se
producen durante a noite, e gustoume a forma en que o autor seguía unha orde
cronolóxica dividindo as historias na hora na que se producían e non en
capítulos, polo que me pareceu moi orixinal. Ademais de que me pareceu moi
sinxelo de ler e case todas as súas historias me gustaron.
Pouco malo
teño que dicir deste libro, quizais as historias podían ser un pouquiño máis
orixinais pero tampouco creo que faga falta modificalas moito. Polo que é un libro que eu recomendo xa que é moi sinxelo de ler e ten unha gran diversidade
de historias e temas.
Sen comentarios
Publicar un comentario