Comentario de María Rodríguez González
Sete Caveiras
Elena Gallego Abad
Xerais
O libro Sete
Caveiras de Elena Gallego Abad narra a investigación dunha xornalista sobre varios crimes nos que
comparte protagonismo xunto cos bonecos de colección fabricados por Famobil
da colección dos anos 80 que aparecen
nos lugares onde se cometeron os asasinatos. Céntrase na cidade de Vigo.
Tamén recolle os problemas de drogas, delincuencia e
violacións que se vivían nos distintos barrios da cidade de Vigo.
Fai alusións a distintas formas de diversión e goce
cos grupos de música de éxito nesa época (anos 80).
Marta, a xornalista, colle como algo persoal querer descubrir, a través dos pequenos bonecos, a identidade do criminal. A protagonista, que traballaba no diario na sección de
sucesos, acaba deixando o traballo por
diferenzas co seu xefe.
Esta novela gustoume. É moi entretida e fácil de ler.
Sen comentarios
Publicar un comentario