Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada
A noite que Wendy aprendeu a voar
Andreu Martín
Xerais
"A noite que
Wendy aprendeu a voar", o libro escrito por Andreu Martín é unha obra
que trata dun crime e do que lle sucede á axente Wendy Aguilar no seu transcurso.
Cando lin o
título non me imaxinei que o libro fose tratar dun crime ao contrario, ao
principio pensei que a historia sería de fantasía, pero como se soe dicir
"o que conta é o de dentro".
Cando
comecei a ler o libro a primeira sensación que tiven foi a da curiosidade, xa
que a nosa protagonista Wendy Aguilar era rexeitada no coche patrulla polo seu
mozo Roger Dueso, debido a que a este gustáballe outra muller do corpo
policial, e este non era capaz de seguir coa inocente Wendy. O que me interesaba
bastante xa que quería saber como acabaría, pero iso tería que esperar xa que
posteriormente recibirían a chamada dun crime, un asasinato, que terían que
investigar. Mesturar estes dous temas (amor e crime) encantoume, xa que os dous
espertaban en min unha enorme curiosidade.
Pero a miña
curiosidade pouco a pouco íase perdendo xa que durante a obra o único que se
vía en xeral era a Roger Dueso "ligando" coa xefa de homicidios
Andrea Pascual e a Wendy Aguilar escapando da morte e intentando atrapar aos asasinos
e ladróns do Ollo de Deus (unha peza moi valiosa). O corpo da historia non me
chegou a gustar tanto como o comezo.
A pesares
diso o final encantoume xa que gustoume moito a forma coa que actuou Wendy
Aguilar durante toda a historia e coa que actuou con Roger Dueso, que acabou
tendo o seu merecido.
En
xeral, o libro gustoume moito e conseguiu engancharme, ademais de que me parece
moi sinxelo de ler polo que eu o recomendo a todos aqueles que sobre todo lles
gusta o crime.
Sen comentarios
Publicar un comentario