O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Pasqual Alapont
Xerais
O
libro de Pasqual Alapont O inferno de
Marta é unha novela que me resultou entretida. e me gustou. A historia
ten un final feliz para una situación de malos tratos e violencia de xénero.
Está chea de optimismo a pesar de tratar un tema que habitualmente ten finais tristes.
Marta,
una moza de vinte anos, cre atopar o amor
en Héctor, un aparente bo chico que oculta un verdadeiro asasino de
mulleres.
A súa historia de amor irá complicándose ata
converterse nunha tea de araña na que a pobre Marta non é máis que un insecto
atrapado. As dúas personaxes principais responden perfectamente ao perfil de
muller maltratada e maltratador.
A
historia é fácil de ler e a trama sinxela, só quedei un pouco confundido co
primeiro capítulo onde se fala de Isabel.
Non sabía quen era esta chica ata que me percatei de que era outra negra
historia violenta na vida do canalla de Héctor.
A
novela paréceme ademais de entretida , unha boa maneira de poñerte a
reflexionar sobre o fácil que é perder o control da túa vida e chegar a ser
unha muller acosada, maltrata e non respetada. É impresionante o manipulador
que pode a chegar a ser un home maltratador.
Lin
as reflexións finais de Vicente Garrido “A máscara do amor” pero esta parte non
me gustou. Pareceume un pouco lío e houbo párrafos dos que non me enterei para ser sincero.
A novela si me gustou. Conecta co lector, faise
amena e despois de lela un queda coa sensación
de que colleu forzas para loitar contra o problema social dos malos tratos.
Sen comentarios
Publicar un comentario