ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/06/15

Os nenos de Bullerbyn

Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


Os nenos de Bullerbyn 
Astrid Lindgren
Sushi Books 




Os nenos de Bullerbyn, o libro escrito por Astrid Lindgren é un libro que conta o día a día duns nenos chamados Britta, Lasse, Lisa, Bosse, Olle e Ana que viven nun pequeniño pobo chamado Bullerbyn.
A decir verdade, foi o libro que menos me gustou do curso, seguramente pola súa tremenda sinxeleza ou quizais porque as súas pequenas historias non me gustaron. A min sóenme gustar os libros un pouco máis complexos e cunha historia que enganche desde a primeira páxina.
Pouco bo teño que dicir deste libro, pode que a súa sinxeleza sexa o mellor que teña. Pareceume aburrido e en case ningún momento me chegou a sacar unha sorrisa, unha decepción. 
De todas formas o libro, ao meu parecer, está feito para nenos cunha idade menor cá nosa e quizais eles valoren doutra forma o libro.
Esta peza recoméndoa a aquela xente que vaia a empezar agora con isto da lectura xa que é un libro moi sinxelo de ler e para empezar penso que é o adecuado.
 

Sen comentarios