Comentario de Raquel García
O Parnaso sobre rodas
Christopher Morley
Rinoceronte
O Parnaso sobre rodas é un libro profundo. Trata sobre unha muller
que no comezo do libro aborrece que seu irmán rompa coa rutina apracible da
granxa por converterse en escritor. Ata que un día un home cun parnaso turrado
por unha besta cambia a súa rutina. A señora McGill aos seus 39 anos pasa de ser
unha muller que practicamente se dedica ás tarefas domésticas a ser unha
aventureira comerciante de libros. Experimenta un gran cambio sobre todo
emocional, estando 15 anos metida traballando nunha granxa, apenas saíu dela e
xa todo era rutineiro.
O que me gusta deste libro é que demostra que aínda que pases da
determinada idade na que es novo aínda che queda moito por diante e moitas
aventuras e experiencias que vivir. Tamén que nunca é tarde para namorarse por
primeira vez, que cando pensas que xa non che queda nada por sentir o sentes e
comezas a vivir a vida, nunca mellor dito.
O irmán da protagonista representa un pouco o home machista, el pode
saír a experimentar cousas novas pero a súa irmá non, ten que quedar na granxa a
facerlle a comida e ocuparse dos asuntos da vivenda. O único que non me gustou
moito foi que neste libro denomínase á xente do rural como xente inculta que
a penas nunca leu un libro, xente sen coñecementos etc... pero segundo
este libro a xente da cidade era máis sabia e coñecedora, na realidade isto non
ten por que ser así, hai xente de todo en todos os sitios e tamén non por ler
libros vas saber máis, xa que ás veces as experiencias que adquires co paso do
tempo pódenche ensinar máis cousas ca moitos libros.
Sen comentarios
Publicar un comentario