Siddhartha,
un libro a priori non feito para un neno da miña idade e que ía devolver á
biblioteca sen acabar de ler. Pero non foi así, pouco a pouco Hermann Hesse foi
atraendo a miña atención, cousa que non esperaba por ser un libro orientado ó
mundo espiritual, e pouco a pouco conseguiu que me fose identificando coa forma
de pensar e actuar de Siddhartha ata que de repente recibía un golpazo nalgún
acto seu que para nada esperaba, como é a sua entrega ós vicios do ser humano,
e que interrompe o meu enlaze co protagonista.
Por outra
parte foi un dos libros onde, a pesar da abundancia de metáforas e pensamentos,
conseguín entendelo á perfección, o que facilitou a lectura deste libro e que
tamén me fixo pensar en que o destino ás veces non ten razón, xa que
aínda que se empeñaba en xuntar a Govinda e a Siddhartha finalmente cada un tiña
un camiño que percorrer para conseguir os seus propósitos.
Persoalmente
o personaxe que máis me gustou foi o de Vasudeva pois é das persoas que con só
ler algunhas páxinas sobre el, entran unhas gañas enormes de estar con el para
poder aprender aínda que sexa só un pouco da súa enormísima sabedoría. Tamén
destaca a aparición, como ocorre na vida mesma, dun personaxe que podes pensar
que te leva por mal camiño pero que cando te afastaches del por pensar que non
era o correcto o que estabas a facer, daste conta que un necesitaba facer esas
cousa que vías tan mal, este personaxe penso que pode ser a preciosa
Kamala.
En
definitiva, un libro que vovería ler e que a calquera o pode facer reflexionar
moito.
Sen comentarios
Publicar un comentario