Comentario de Cristina Costela Seara
Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?
Rosa Aneiros
Xerais
Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?
Rosa Aneiros
Xerais
Esta
triloxía encantoume, móstranos a valentía de Leo, cando os seus amigos a deixan
tirada, ela non tira a toalla e decide perseguir o seu soño. Durante a viaxe
coñece a persoas que a deixaran marcada para sempre, namorase, sente morriña,
emocionase e nalgún momento incluso estivo a punto de abandonar e volver para a
casa, pero sempre atopou algún motivo para seguir. Penso que era rabia e non lle quería dar o gusto aos seus amigos
de ver como ela tamén renunciaba aos seus soños.
Estes
libros fante viaxar con Leo por todo o mundo, sen moverte do sofá.
A
conclusión que saquei deste libro é que se tes un soño debes perseguilo e
cumprilo, que non se debe tirar a toalla e que viaxar é un hobby moi entretido.
Leo sempre dicía que a ela unha cidade non lle gustaba só polos monumentos ou
lugares emblemáticos, senón, polos sentimentos que lle transmitía.
O
final sorprendeume moitísimo, nunca pensei que fora esa persoa a que estaba
detrás desa mensaxe.
Un
libro que merece a pena ler.
Sen comentarios
Publicar un comentario