É un libro que
reflexa unha sociedade na que a falta de traballo é notable. Unha das profesións
máis difíciles é o periodismo. Como
segundo di o protagonista, non hai liberdade de expresión e os políticos aos
que non lle gustan os comentarios que fas póñente na lista negra, polo que
aínda é máis complicado a procura de traballo.
A historia
trata sobre un xornalista que decide volver a Madrid, pensa que o terá todo
resolto e non terá problemas para atopar traballo dada a súa ampla lista de
contactos. Dado que está na lista negra
non lle é doado atopar traballo e termina encerrándose na súa casa. Os seus
veciños facían un ruído moi insólito e acabou por acostumarse. Pouco a pouco foise dando conta de que eran
moi estraños. A súa vida comeza a xirar
en torno a eles, ségueos, quere saber o
que hai máis aló das paredes da súa casa e iso convértese nunha obsesión, ata
que un día non hai máis ca silencio e quere ver que pasa mais o único que atopa
é un dos nenos morto.
A primeira
parte da historia é moi aburrida, pero unha vez que se comeza a obsesionar cos
veciños comeza a ser máis interesante, aínda así o final pareceume bastante malo
e non termina de resolver o que en realidade pasou.
Sen comentarios
Publicar un comentario