As mil e unha noites foi un libro que a verdade me resultou moi aburrido xa
que os contos non me cativaron. Ao principio, o que máis me desgustou foi a
estrutura dos relatos xa que nos primeiros aínda non ben rematada unha
historia xa se contaba outra e ao final ía un desenlace detrás do outro. Os
contos que menos me gustaron foron os que trataban de reis, xeques etc.. xa que
eses no meu caso pasoume que os lía por ler, que non me engaiolaban para ter a
curiosidade de querer saber que pasaría.
O conto que máis me gustou foi o do corcovado xa que me
pareceu moi cómico como se desfán os tres dunha persoa por liberarse das culpas.
Por outra banda tamén había contos que xa coñecía como "Aladino
e a lámpada máxica" e tamén "Alí Babá e os 40 ladróns" aínda que
con algunhas variacións con respecto á versión que eu coñecía destes contos.
O que se reflectía perfectamente en cada historia era o relixiosos
que eran nesa época xa que por todo lle daban grazas a Alá e en todos os contos
se referían a el ou a algún dos seus profetas.
En definitiva, estes contos non me gustaron xa que a historia en si
de cada un deles non é atractiva.
Sen comentarios
Publicar un comentario