A punta de pistola é un libro no que
ti xa empezas sabendo a trama da historia pero no seguinte capítulo cambia
de tema.
Chega a contar tres historias paralelas, que, como non, ti sabes que
deben ter algo en común. Iso de facer varias historias paralelas ten vantaxes,
xa que o lector está intrigado e faise hipóteses sobre o que poden ter en común ambos relatos, pero tamén o seu lado
malo, porque pode chegar a aburrir ao lector. Se tivera que elixir unha, sería
na que O Varas e Rica escapan cos seus fillos do Centro Social, paréceme a
fuxida peor organizada que vin ata agora e ademais non os levaron porque os
quixesen, senón porque non lles gustaba que lle arrebataran algo que era seu, é
dicir, tratábanos coma obxectos. As
outras non son de todo aburridas, unha cóntanos a historia de Celia Rivas, a
primeira camioneira de Europa, está contada por outra camioneira que participa
na acción final cando O Varas estampa o coche contra o seu camión. A terceira
cóntanos a historia dunha rapaza, que namora dun home mais maior ca ela que
casualmente é compañeiro da camioneira, esta é filla de Rica. Só quitaría a
parte na que fala dos sospeitosos porque
corta aínda máis a historia e fai que aborreza.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
1 comentario:
Paréceme unha historia con moita acción, entretida e emocionante, na que hai dende os problemas sociais, a importancia da muller na sociedade e toques do estilo das novelas policíacas. Faise entretido e engancha. Encántame o tema da fuxida é emocionante e fai que teñas gañas de saber como vai rematar.
Gústame a súa estrutura, polas dúas historias que están conectadas, e pódese ler rápido e fácil de entender.
O feito de que ás accións se realicen en Vigo, faite sentir cerca dos personaxes e de toda a trama.
O meu personaxe favorito é a camionera, porque paréceme unha muller forte e decidida, pero á vez sensible.
O que me desconcerta e a relación da parella, tamén protagonista, lévanse mal, pelexan, pero están moi unidos.
Publicar un comentario