Comentario de Adrián Mato
Nubes de evolución
Andrea Maceiras
Xerais
Nubes de evolución
Andrea Maceiras
Xerais
Creo que non
podía estar máis de acordo co nome deste libro porque non trata nada menos que da
capacidade das persoas para cambiar e adaptarse. Os personaxes son quen de
facelo motivados polo pensamento de que se unha nube é capaz de evolucionar,
eles non han ser menos ca unha acumulación de auga. Gústame como divide o autor
as historias e como primeiro conta
Amanda o que lle sucedeu con Uxío e logo como Uxío relata o que lle ocorreu con
Amanda. Tamén me agrada o personaxe de Luís, ese profesor que polos seus
problemas familiares non trata da maneira máis correcta aos seus alumnos, aínda
que non o culpo por reaccionar así. Ver
como tres persoas tan diferentes poden estar unidas polo mala fortuna das súas
vidas e como unha frase pode facernos reflexionar ata tales extremos é
impresionante. Podo asegurar con toda
firmeza que aprendín algo máis lendo este libro.
Tamén lle debo agradecer a este libro
a miña actual afección á música dos Rolling Stones.
Sen comentarios
Publicar un comentario