Comentario
de Cristina Costela Seara
Makinaria de Carlos Negro é un libro que me fixo reflexionar
sobre como hai que andar nas estradas cos coches. Este libro é unha maneira de
advertir a aqueles que cren ter a situación baixo control, aos que beben e
aínda así se aferran aos volantes.
Esta situación dáse moi a miúdo nas estradas galegas, onde se
ve a irresponsabilidade dalgúns adolescentes, que a pesar de estar bébedos ou
con outras substancias dentro do seu corpo, non son conscientes, e collen
igualmente ó seu coche, o que lles fai acabar no peor lugar, o cemiterio. É
duro para amigos e familiares, pero no momento en que montan no coche a
diversión parece que é o único que lles importa e o único que fan é irse
aproximando a morte.
Por iso, temos que ser moi conscientes tódolos adolescentes á
hora de montar nun vehículo, estar seguros con quen imos e non conducir se
bebemos algo ou probamos algunha droga.
Libros coma este, deberían servir para facer reflexionar a
todo lector, e facer recapacitar antes de coller un coche. A vida é curta e hai
que goza pero con “sentidiño”.
Sen comentarios
Publicar un comentario