Comentario de Nerea Álvarez González
O caderno de Ánxela
Raquel Ricart Leal
Galaxia
Este libro
encantoume porque é un libro no que unha
rapaza, que aínda que sexa tan pequena, cóntanos todos os seus sentimentos e as
súas experiencias da vida.
Unha das cousas
polas que me gustou tanto foi porque trata sobre unha rapaza que é adoptada, é
dicir, que a pesar de estar noutro país (porque ela é de orixe chinesa) e de que
seus pais non son os seus verdadeiros pais sempre intenta estar feliz e no seu
caderno sempre conta o que verdadeiramente sinte. Outra das cousas que me gustou
foi as tres historias que crea Ánxela.
Das tres
historias que conta a protagonista foi a de que un rapaz vai ter unha irmá
adoptada e pensa que súa nai xa non o vai querer tanto coma a súa nova irmá.
O que menos me
gustou foi a historia na que unha nena quédase cega grazas a unha planta e ten
que cruzar o seu país para dar cun lugar con augas máxicas para poder curarse
da súa cegueira.
Unha das cousas que me
namorou da protagonista é que a pesar de ser adoptada ela séntese filla
biolóxica dos seus pais adoptivos e que sempre é feliz e sobre todo que non lle
importa ser adoptada xa que é verdadeiramente feliz cos seus novos pais.
Sen comentarios
Publicar un comentario