Comentario de Silvia Soutro Froján
As Crónicas de Bran I: A Revolta dos Mestres
Xosé Duncan
Urco
Escrita por Xosé Duncan, é unha novela de fantasía que se desenvolve
nunha cidade construída dentro da Montaña Sagrada chamada Elawei. Dividida en
tres grandes partes: o barrio dos explotados mineiros, dos comerciantes e,
separados por unha barreira natural, os habitantes do palacio. Alí residía o
Gran Forxador e a súa familia. El gobernaba a cidade e tamén posuía grandes
coñecementos sobre maxia que o seu fixo Bran algún día aprendería. Tamén
estaban os seis mestres, que tiñan un gran papel dentro da cidade e que en
secreto conspiraban para porder gobernar eles coa axuda dun novo Gran Forxador.
Gustoume o libro, está cheo de segredos e a fantasía desátase no momento
de loitas. Encántame como desenvolveu as loitas que se producían, como
utilizaban os mestres esas invocacións onde todo ocorría grazas á maxia.
Quizais non me gustou que metese tantas conspiracións polo medio pero en si o
libro estivo ben. Mantén un certo punto de realidade e todo ocorre dentro do
común aínda que é un libro de fantasía. Non lle falta emoción e como primeira
novela da trioloxía, teño ganas de ler a seguinte.
1 comentario:
Moitas grazas pola túa opinión, Silvia. Alédome que gustases da primeira parte das Crónicas e asegúroche que nas seguintes entregas non hai tantas conspiracións e a aventura mestura elementos de fantasía, steam-punk e grandes batallas. Unha fonda aperta ;-)
Publicar un comentario