Comentario de Marta Campelo
Cando petan na porta pola noite
Xabier Docampo
Xerais
Este libro gustoume porque trata de diversas historias,
que lle contaron ó protagonista os seus pais e os seus avós. Se estas historias
non se escribiran acabaríanse perdendo.
Os tres primeiros capítulos explican como morreron tres
persoas de diferentes maneiras: no primeiro morre un ferreiro, no segundo morre
unha vella e no terceiro matan a unha loba. As consecuencias son malas, porque
o que matou o ferreiro despois tivo que facer o seu traballo, o que matou á
vella tivo pesadelos con ela e foi ao inferno e o que matou a loba morreu el
e mais o seu fillo.
O último conto é diferente porque torturaron a unha
persoa durante anos enviándolle cartas dicíndolle que ía morrer o mesmo día que
lle entregaban as cartas. Afortunadamente pasou todo o contrario. Ao final
atopa a persoa que lle envía as cartas e
dille que iso normalmente cúmprese, pero el loitou pola súa vida e non se
cumpriu.
Este libro gustoume porque
cóntanos historias antigas de medo e intrígate desde o principio
Sen comentarios
Publicar un comentario