Este é un libro moi curto pero con moito contido pensado para
adolescentes, xa que o autor usa palabras e expresións propias deles. Está escrito
en forma de poesía, e antes a min non me gustaba pero estou cambiando o meu
punto de vista ao ler libros coma este.
En certas partes sentinme identificado e apoio a opinión do autor de que
non hai que seguir normas en canto ao que debes facer, e que cada quen é dunha
forma diferente.
En resumo, o libro gustoume moito tanto pola súa sinxeleza como polo que
transmite e recomendaríallo a calquera xa que non é o típico libro de poesía
aburrrida e de amor, senón que ao contrario o pasas moi ben lendo.
Sen comentarios
Publicar un comentario