ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/04/14

Horario de clase

Comentario de Lucía García Rodríguez


Horario de clase
Christine Nöstlinger
Editorial Galaxia





Este libro conta a historia de Anika, unha adolescente. Móstranos momentos da súa vida, e da de calquera outra persoa, na casa cos pais, no instituto...
Podémonos sentir identificados coa protagonista xa que  é unha historia moi real e as situacións que se dan ocorren na vida a miúdo. Ás veces, as cousas tórcenselle e non lle saen como ela quere, por exemplo cando quería coller os cartos e súa nai non lle deixou.
A nai dábame mágoa, era o seu aniversario e non se lembraron. O seu home mercoulle algo no último momento e aínda así a nai semellaba feliz. Pode  e creo que en realidade non estivera tan feliz.
As actitudes dos pais eran un pouco contrarias. A nai máis autoritaria disposta a castigala e o pai e máis comprensivo e intenta evitar as discusións. Por outra parte, pareceume valente a actitude de Anika ao contarlle que estivera cun rapaz. Dalgunha maneira a nai acáballe dando a razón: a súa filla é libre e dar un bico non está prohibido.
Foi un libro que lin rápido. Ao tratarse dunha adolescente, enganchoume máis e dábame posto na pel dela sen problemas. 
 

Sen comentarios