Este libro gustoume
porque trata como unha rapaza ten que vivir cada día da súa vida, como se
revela ante os demais e a súa maneira de pensar sobre a moda, chicos... 
Os poemas que
máis me gustaron foron: ”es unha chica chic?” e “Verdade, bico ou atrevemento” , porque parecéronme enxeñosos. Tamén o
autor puxo estranxeirismos como: look.
Este libro pensaba que ía ser doutra
maneira ó ver que era de poesía. Tamén  chamoume á atención que tratara sobre como
unha rapaza ve todo ao seu arredor de forma negativa. 
O libro en xeral
gustoume e o recomendo, porque é moi entretido e porque penso que libros así
atraerían a máis persoas a ler máis a miúdo poesía.

Sen comentarios
Publicar un comentario