Febre
Héctor Carré
Xerais
Conta unha historia do contrabando do wolframio, nos anos 1942-1944. Como non, sempre que hai guerra temos que pasar fame e a situación económica descende. A protagonista é un xenio, moi valente, á pobre Carmucha morréuselle a nai, e pensa que o seu pai é un covarde. Carmucha loita pola liberdade persoal e polo dereitos dos marxinados sociais.
Non me gustou o comezo do final, xa que nesa escena non quedei a gusto.
En resumo, gustoume o libro e ecantoume a protaginosta, Carmucha tivo que sufrir moito e, a pesar da dor causada, seguiu adiante coa súa decisión, conseguiu saír do país grazas ao seu pai, nese momento Carmucha decatouse que o seu pai non é tan covarde como pensaba.
Sen comentarios
Publicar un comentario