Comentario de Francisco Miguel Casas Pico
O país adormentado
Xabier Docampo
Xerais
A
verdade nunca para min foi tan sinxelo facer un comentario sobre un libro, de
feito podería telo xa acabado pero nesta ocasión voume espallar na crítica.
Fantasía, son incapaz por moitas voltas que lle dea de encontrarlle o xeito e
mais o significado a este tipo de novelas. Eu tiven o gran pracer de coñecer ao
autor deste libro, Xabier Docampo, o cal pareceume moi simpático. Xabier comentounos a min e aos
meus compañeiros que el trataba de contar a realidade a través da fantasía e
que así o plasmara o libro, na miña humilde opinión isto paréceme un disparate
xa que penso que a fantasía é todo o oposto á realidade. Este pode ser o motivo
polo cal eu non acabase de comprender a lectura. A pesar de todo isto
recomendaría o libro, iso si a persoas que ao contrario ca a min lles encante o
fantástico xa que este libro está abarrotado do mesmo.
Sen comentarios
Publicar un comentario