Comentario de Tamara Pereiras Villamayor
Hora Zulú
Santiago Lopo
Galaxia
Hora Zulú
Santiago Lopo
Galaxia
Comecei a ler este
libro cun chisco de intriga, porque xa dende
que lin a cuberta do libro souben que me ía gustar. Pensei que me levaría
máis tempo lelo, pero enganchoume de tal maneira que o rematei ben axiña.
Pareceume un libro moi entretido, no que cada páxina me convidaba a ler a seguinte, e así ata o final, no que todo cobrou sentido.
Pareceume un libro moi entretido, no que cada páxina me convidaba a ler a seguinte, e así ata o final, no que todo cobrou sentido.
O que máis me gustou sen dúbida foi esa capacidade de
parar o tempo no momento axeitado, aínda que nalgún momento, como cando a cega
comeza a ver, desexaría que o tempo non se detivese nunca.
Gustoume un montón
a maneira de estruturar o libro, e sobre todo, os escritos do Profesor, xa que
os poemas son realmente bonitos.
Finxir
amnesia paréceme unha maneira de evadirse da realidade, pero na miña
opinión, a realidade sempre volve.
Sen comentarios
Publicar un comentario