Comentario de Vanesa Lalín
A illa de todas as illas
Xabier Docampo
Xerais
Este libro chamoume a atención polo seu título, xa que a min gústame ler cousas que tratan de illas .
Con só comezar a ler o conto decateime de que ía tratar dun libro de aventuras, que con cada folla que lía se facía máis interesante, que pouco a pouco foi
aparecendo unha mestura de realidade e fantasía sempre no medio
dunha gran intriga, que a min ás veces parecía que me daba algo de medo, pero á vez non podía deixar de ler .
Por
outro lado identificarme cos rapaces da historia foi algo moi fácil, xa que eu
se chego a ter que andar sen rumbo, nun lugar descoñecido e con tanta néboa
pasaríame o mesmo ou moito peor. Penso que chegaría a ver de todo,
aínda que no fondo tampouco daría diferenciado entre o real e o imaxinario.
Tamén
comprendín que ás veces non chegas a saber certas cousas dos amigos ata que
vives con eles situacións límites, como foi no caso dos nenos que acabaron
sendo moito máis amigos e fortes coidándose entre si.
Por
outro lado as ilustracións do libro non tiñan moita cor, pero
concordaban moi ben coa historia que se estaba a contar.
Como conclusión final penso que co valor da amizade todo pode ser posible .
Sen comentarios
Publicar un comentario