ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/02/15

O inferno de Marta

Comentario de Jorge González





O inferno de Marta
Pasqual Alapont

Xerais

  



Este libro chamado "O Inferno de Marta" foi para min unha novela onde cando comezas a ler non a podes pechar, porque a intriga e o suspense non che deixan.
O autor pretende ensinar  con este libro que moitas mulleres sofren violencia de xénero, e non se decatan ata o final ou teñen medo de contarllo a alguén.
Tamén ensina que non podes deixar escapar os teus verdadeiros amigos, porque alguén te obrigue a facelo ou por amor.
Isto que lle sucede a Marta na novela tamén lle ocorre a moitas mulleres na vida real, pero non todas teñen tanta sorte como tivo Marta.
Os personaxes dos pais de Marta, segundo o meu punto de vista, terían que intervir máis na historia e axudar a Marta.
 

Sen comentarios