O
libro “unha estrela no vento” de Ledicia Costas fala do día a día dun rapaz de
17 anos, chamado Miguel Foz.
Conta
cando un día saíu da Lagoa, o bar onde
ían case todos os días os amigos e mais el, apareceron uns rapaces que lle deron
unha malleira. El estivo nun hospital e despois pouco a pouco íase recuperando.
A xente animábao e apoiábao.
Fala
da súa familia, da profesora de literatura e tamén dunha rapaza que coñece na
Lagoa e que é moi especial para el.
El é
un rapaz moi distinto aos demais, pois está no seu mundo e ás veces, quere
illarse un pouco do planeta. Pese aos
sucesos que transcorren neste libro, Miguel segue adiante e quere axudar á súa nai en todo o posible.
O
personaxe que máis me gustou foi Abel, pola forma de ver a vida e pese a
enfermidade que ten, axudou moito a Miguel. O que menos me gustou foi o Maqui,
xa que traizoou aos seus amigos no último momento.
Neste
libro aprendín moitas cousas, pero unha delas é que non hai que confiar en
todas as persoas, porque ás veces, ata a máis cercana te pode traizoar.
Este
libro gustoume moito aínda que é triste.
Sen comentarios
Publicar un comentario