Comentario de Telmo García Castro
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
Este libro foi una novela que me fixo
reflexionar sobre dous aspectos. O primeiro foi
a distorsión da información ao pasar
por algúns medios de comunicación
que fan calquera cousa por gañar audiencia.
A personaxe de Belén Soliño é un
bo exemplo disto. O segundo foi a importancia dos traumas que ás veces sufrimos
na vida e como logo non os damos superado como lle pasou á policía Adelina
Souto.
Unha parte do
libro que non acaba de convencerme foi o final aberto que ten aínda que se
intúe que o desenlace vai ser tráxico. O certo é que eu esperaba ter máis
información sobre Natalia, como eran os seus gustos ou por que desapareceu e se
a secuestrara alguén ou marchara pola súa propia conta. Durante toda a
narración ti esperas que se dea unha pista sobre Natalia ou algunha información
sobre ela, pero en realidade este libro conta outras historias ocultas que se
van revelando pouco a pouco. Esta trama a min persoalmente así montada non me
resulta convincente, pero é unha opción.
O que me levo
desta novela son as dúas reflexions das que falei antes. Aí sí que a novela
gustoume.
Sen comentarios
Publicar un comentario