Comentario de Alberte Payo
Esta
obra de Carlos Negro está escrita dun xeito moi diferente ao que estou
acostumado a ler, pois describe diversas situacións escritas nun poemario, postas en boca dunha adolescente de maneira
breve, concisa e moi clara nalgunhas cousas e noutras moi enrevesada.
Unha
moza que fala en primeira persoa sobre os estereotipos que hai na nosa
sociedade como a moda, beleza, amor… ou
incluso o xeito como fala cada persoa. Ela é unha rapaza rebelde; pero sabe moi ben
no mundo que vive e o que ten que facer para ser ela mesma. Loita a súa maneira
por un universo de mozas libres.
A
mín especialmente este libro pareceume entretido, pero como dixen antes, está
escrito dun xeito moi especial , que non enlaza cada situación coa seguinte, polo que se fai un pouco complexo entender
algúns comentarios.
Sen comentarios
Publicar un comentario