Esta obra de Antoine De
Saint-Exupéry é un libro moi especial para min, pois foi o primeiro libro
ilustrado que tiven, conmemorando os seus 50 anos de historia. O home que o
traduciu ao galego foi Carlos Casares, un autor da nosa terra que fixo un bo
traballo de tradución.
Un home
tivera unha avaría no medio do deserto do Sáhara, pero como non levaba nin
mecánicos nin pasaxeiros decidiu arranxalo el só, sabendo que tiña auga
para 8 xornadas. Esa mesma noite maldurmiu sobre a area, e ao amencer un
rapaciño espertouno pedíndolle o debuxo dun año. Este colleu unha libreta e
debuxoullo, pero ao rapaz non lle gustaba.
Máis tarde o
principiño, que así se chamaba o raparigo, contoulle a súa gran viaxe polos
planetas, na procura de amigos e traballo. Nun había unha flor, no seguinte
había baobabs, que eran unhas árbores xigantescas, e noutro había un faroleiro.
É todo moi surrealista, polo que un debuxo feito polo protagonista, aos vellos
lles parecía un sombreiro, pero ao Principiño ve nel o que realmente o debuxo
nos mostra, unha serpe ``boa´´ dixerindo un elefante.
A min este libro gustoume moitísimo polo seu contido
surrealista e divertido, que nos ensina o tipo de cambios que hai duns lugares a
outros tanto no universo como no noso planeta. É un libro moi fácil de ler, sen
expresións estrañas e emprega un vocabulario moi formal e traballado.
Sen comentarios
Publicar un comentario