Comentario de Katia Pereira
Raquel
Isabel-Clara Simó
Xerais
Este libro está dirixido a rapaces da idade adolescente; é quizais por iso
que en moitas ocasións fíxome sentir que a autora se refería á miña vida polo
nome de Raquel.
Unha das escenas nas que máis me identifiquei coa protagonista, foi cando
morreu a súa amiga Montse. Non porque me morrese algunha amiga miña, senón
porque hai moitas formas de morrer, como marcha. Por iso, mentres lía as
reflexións de Raquel, tras a morte da súa mellor amiga, recordei a unha amiga
que marchou e coa que agora apenas manteño contacto; e notei esa sensación que
deixa alguén cando marcha.
Na miña opinión, un bo libro é aquel que enche a alma do lector e consegue
dalgún xeito deixar pegada nel. E este libro a min fíxome ver que por moito que
intente aceptar a marcha de alguén sempre quedará ese pequeno sentimento
interno provocado por esa ausencia.
Outro dos grandes sentimentos que me provocou o libro foi o de
identificación. Sobre todo un momento do diario que me sorprendeu, foi cando
Oriana fala con Raquel da vida despois do instituto. E pareceume importante
porque sempre se dí que cando somos mozos tendemos a querer medrar á présa.
Sentín que pode que sexa certo pero tamén sentimos un medo difícil de explicar
cara ao que poida suceder unha vez que entremos no mundo adulto. Por iso, cando
Oriana fala con Raquel e Raquel pensa que non é tan madura como pensaba,
púxenme a pensar en como recoñecerei cando estea preparada para terminar de
"medrar".
Finalmente este libro pareceume un gran libro porque me marcou.
Sen comentarios
Publicar un comentario