ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/05/10

Ollos de auga

Comentario de Raquel Rodríguez Vázquez


Ollos de auga
Domingo Villar
Galaxia



Se A praia dos afogados me encantou, esta non podía quedar atrás. Gustoume menos, todo hai que dicilo, pero aínda así gocei coa súa lectura.
É unha novela tranquila, pausada, onde Leo Caldas reúne probas e acorrala aos sospeitosos, mentres que Estévez, ao contrario, desespérase e ameaza a calquera que ose responderlle cunha pregunta ás súas preguntas.
Sospeitosos e fíos dos que ir tirando, probas, coincidencias e camiños que non dan a ningunha parte. Unha novela negra en toda regra.
Desgrazadamente, acerte co asasino axiño. Aínda que case me dá igual, porque disfrutei lendo e gústame como o autor me leva dun lado ao outro para ao final presentarme as probas e ensinarme quen é e por que.
Leo Caldas é un solitario e melancólico inspector de policía que compaxina o seu traballo na comisaría co consultorio radiofónico, grazas ao que descubrirá quen é o asasino.
Ao seu carón está o axudante Rafael Estévez, un aragonés demasiado impulsivo para unha Galicia irónica. Grazas ao traballo desta singular parella a verdade termina por aflorar, levándoos a desentrañar o segredo que esconde Ollos de auga.
Tamén demostra este libro as ganas do autor de que os lectores se ambienten no noso país: aromas, rúas, tabernas, paisaxes, xente...
Creo que esta obra é máis forte, máis directa e máis violenta cá segunda obra do autor. É un dos asasinatos máis dolorosos que tiven que ler na miña vida. Por iso enganchoume deste xeito. Pero paréceme curta de máis.

Sen comentarios