Comentario de MAría Rodríguez
A casa de Mango Street
Sandra Cisneros
Rinoceronte
A casa de Mango Street
Sandra Cisneros
Rinoceronte
A CASA DE
MANGO STREET, de Sandra Cisneros, está composta por unha serie de microrrelatos
entrelazados entre sí. A protagonista é
Esperanza, unha rapaza adolescente.
No primeiro
capÍtulo, Esperanza conta como a súa familia foi parar a Mango Street, nun piso
alquilado, nun barrio de suburbios. O piso non era moi novo e empezaron a fallar
as cousas: cañarías rotas, fiestras... ó final cámbianse de casa, compran unha
vivenda moi pequena polo que Esperanza non se ve nada ilusionada con ela. As súas
aspiracións vense frustradas, ela sempre soñaba cunha casa grande. Sentíase
avergoñada de pertencer a unha familia pobre, como cando lle pregunta a monxa, “Vives
aí?”
Vai contando
historias, a maior parte delas son tristes pero sempre nos transmite esperanza
para soñar cunha vida moito mellor.
Tratase dun mundo machista, sen expectativas de futuro para a muller. Vemos a
Marin que chega de Porto Rico para coidar aos seus primos pequenos, o seu mozo
quedara alí, agora apenas podía saír da casa aínda que ela tiña esperanza de que
alguén cambiase a súa vida.
Trata temas
como a pobreza, a inmigración, a desigualdade, o machismo e os abusos sexuais.
Os valores deberían
ser para todos os mesmos, poder ser dono de sí mesmo e poder decidir sobre o
teu futuro, debería ser un dereito adquirido por todas as persoas; vemos que
hoxe en día aínda non é así xa que estes valores vense mermados polo tipo de
sociedade que nos rodea, como é o machismo, o abuso sexual, trata de
brancas,...
Aínda que, por momentos
da lectura desta novela sentía impotencia e tristeza, paréceme un relato
moi ameno e fácil de ler.
Recoméndoa.
Sen comentarios
Publicar un comentario