Comentaro de Daniel Gavieiro Suco
O faro escuro
María López Sández
Galaxia
Co que me
gustan a min os libros de intriga, cando oín falar deste libro a uns
compañeiros decidín lelo rapidamente.
O Faro
escuro a verdade é que un libro moi entretido e pouco aburrido, a min
enganchoume moi facilmente. Este libro conta a tráxica desaparición da
xornalista Catalina que tras viaxar a Galiza, e en concreto a Costa da Morte,
desaparece sen deixar pista ningunha. A encargada de investigar a desaparición
de Catalina é Elisa Neira que para ela non é unha cara descoñecida, xa que
coincidiran no pasado as dúas xuntas.
A medida que
vai avanzando o libro parece que cada vez o asasino está máis cerca. Ao
principio da historia pasa bastante desapercibido pero despois a súa
vinculación con Catalina e algúns sucesos que tivera con ela no pasado
convérteno no principal culpable. O plan do secuestrador é ofrecerlle a
Catalina como obsequio uns familiares mortos.
En canto ao
léxico, este fai posible entender facilmente toda a lectura, o que é un punto
moi positivo á hora de ler o libro.
Foi un libro
que en resume gustoume bastante e recomendaríallo a todo o mundo que lle guste
a intriga e o misterio.
Sen comentarios
Publicar un comentario