Comentario de Francisco Rodríguez
Oitecentos
Xavier Franco Alonso
Galaxia
Este foi o primeiro libro que leo de Xavier Franco Alonso e a verdade é que foi un autor que me sorprendeu gratamente xa que non me esperaba, tras un inicio protagonizado pola falta de nada sorprendente, que o libro me fora a gustar tanto como me resultou gustando. Este comezo pouco sorprendente deixou de selo tan pouco, cando rematei o libro e comprendín que Xavier non buscaba impactar ao lector dunha forma esaxerada senón que pretendía reflectir a vida que nos rodea, a que está a ocorrer diante das nosas narices. E a verdade é que o conseguiu de maneira realmente boa, xa que reflicte moitísimos aspectos e moitísimos problemas que están a encher a nosa sociedade, e penso que, moitas veces, reflectindo estes problemas fai unha forte denuncia contra eles, o que está moi ben feito xa que moitos de nós somos conscientes destes problemas que interfiren na nosa vida cotiá pero non somos capaces de enfrentarnos a eles xa ben por falta de motivación para facelo ou por medo ao que os demais digan de nós.
ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.
09/06/16
Oitocentos
Hadrián, que é o personaxe principal, ao redor do cal xira toda a trama, sofre un dos problemas que Xavier reflicte e sobre o que se sustentan moitos acontecementos posteriores. Este problema consiste na cantidade de cativos que marchan da súa terra deixando todo atrás cando se lle presenta unha oportunidade de facer realidade os seus soños, e que, como lle ocorreu a Hadrián, tras moito intentalo, esa oportunidade desaparece sen deixar rastro pero deixando a ese neno, agora convertido en mozo, de volta na súa terra con moi pouco, xa que o dera todo por facer realidade o seu soño que finalmente non se levara a cabo.
Isto ocorreulle a Hadrián, xa que, de neno, ofrécenlle unha beca para ir practicar atletismo a un equipo de élite pero fora da súa terra, en Barcelona, polo que teno que deixar todo e marchar a Barcelona na procura dos seus soños, chegar a competir nas Olimpiadas de Atlanta. Tras varios anos alí traballando duro cada día para conseguir o seu obxectivo, a súa beca foi derrogada e viuse obrigado a voltar a Galicia pese a non ter moitos recursos, xa que gastara moitos deles na súa loita polo seu futuro. A partir da súa volta a Galicia penso que Xavier quere poñer unha solución a este problema para que os lectores que algunha vez se vexan nesta situación ou noutras semellantes, sepan que facer. Esta solución consiste en nunca darse por vencido e en loitar por recuperarte logo dos mazazos que, como lle ocorreu a Hadrián, dache a vida. Esta loita vese reflectida na busca sen descanso de Hadrián dun traballo para así tentar recuperar os recursos que perdera tras a súa estancia en Barcelona, e tamén se observa que con persuasión, os teus fins, as veces, conséguense, xa que, tras moito tempo buscando empleo consegue atopar traballo nun prestixioso estudo de arquitectura así consegue acadar, polo menos, un dos dous obxectivos que Hadrián se marcara durante o desenrolo da novela.
Deixando a un lado a Hadrián, este libro recolle moitas cousas que busco nunha novela coma esta: un toque de inocencia que aporta Aida, e que me fixo voltar aos meus tempos máis cativos sen preocupacións e sen compromisos, un toque de amor que se mostra na "relación" que teñen Inés, irmá de Hadrián, e David, amigo deste, e tamén un forte toque de amizade que se observa nas múltiples acción que Hadrián, David, Xes e Fabián, amigos de toda a vida, realizan en conxunto.
No seu conxunto, un libro que reflicte a realidade que nos rodea, e que fai unha forte denuncia a ese nenos que o deixan todo por cumprir o seu soño, cousa que non me parece mal, e que ao final non se fai realidade e quedan nunha situación bastante delicada. Para solucionar este problema penso que deberían dar axudas unha vez o neno, neste caso Hadrián volve da súa aventura tras non triunfar, para que poida adaptarse á súa sociedade dunha maneira máis doada.
En definitiva un libro que volvería ler sen problemas.
Atoparalo en Emigración, Galaxia, Vida cotiá
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Sen comentarios
Publicar un comentario