Comentario de Cristina Costela Seara
Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais
Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais
Resistencia
de Rosa Aneiros foi un libro que me enganchou dende o primeiro momento e que me
pareceu un libro moi realista.
Este libro
entrelaza unha historia de amor, baseada no sufrimento, sufrimento marcado pola
loita dos protagonistas, xa que a pesar de ser de distintas clases sociais,
apostaron pola súa historia dende o comezo coa situación social e política de Portugal, das
Ditaduras Fascistas do Estado Novo.
É unha obra apasionante aínda
que tremendamente triste, por mor da imposibilidade de conseguir o amor e a
felicidade da parella protagonista.
O título de Resistencia, vén
da resistencia dos vencedores que o perderon todo, menos a dignidade na defensa
dos seus ideales. Resistencia dos personaxes nos seus sentimentos, nos seus
soños, nas súas promesas e no seu futuro.
Durante o libro, tamén
aparacen as diferenzas sociais e a crueldade daquela época, xa que aos
familiares dos presos dicíalle que estes morreran. Ademais, os presos, vivían
illados e en condicións infrahumanas, polo que tal crueldade conmoveume.
Pareceume moi bonita a
historia de amor entre Dinis e Filipa, xa que o seu amor perdura por riba de
todo, e a pesar de estar separados e non saber se o outro está vivo ou morto
séguense querendo, por exemplo Dinis dende o cárcere escríbelle cartas a
Filipa, cartas que non chegarán nunca ao seu destino e que Filipa acabará
descubrindo máis tarde.
Un libro precioso e que
recomendo ler.
Sen comentarios
Publicar un comentario