Comentario de Paula Gamallo
Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais
A miña crítica cara a
este libro é bastante variada, aínda así, quizais non poida estenderme
demasiado. É unha desas obras nas que para dicir o esencial, precisas
demasiadas cousas. Na miña opinión estes seis contos ou historias teñen un
vínculo en común, e non me refiro a que todas teñen a cidade de Santiago como
fondo senón algo máis sinxelo e elemental como é a realidade mesma, a realidade
da inxustiza e da inmoralidade da sociedade.
A simple vista, a obra
preséntase como un conxunto de vidas inconexas que, a medida que nos imos
somerxendo na lectura, van cobrando sentido e orientación entre si. É certo que
o final resulta inesperado e incluso orixinal pero, baixo o meu humilde punto
de vista e baseándome no gran extensión do libro, opino que foi un pouco decepcionante.
Realmente a mensaxe que
tenta transmitir o autor é moi boa: “ a casualidade non é casualidade” , o
xeito de unir aos personaxes, poderíamos falar incluso dunha mesma historia
dende diferentes perspectivas, unicamente para amosar a vida mesma: o
sentimento humano, a loita dos máis débiles por aqueles que abusan do seu
poder, os malentendidos coas súas consecuencias prexudiciais, as inxustizas…
todas esas deformidades das que carece a sociedade e que están aí, diante dos
nosos ollos, nada máis saír a rúa podemos atopar miles, millóns de relatos
interesantes que contar.
Supoño que Portas
pretendía plasmar estes feitos dun xeito orixinal e diferente, baseándose na
idea de que as historias máis interesantes e sedutoras as podemos ter nun simple
chasqueo de dedos ao noso redor. Quizais a súa intención fora boa pero
considero que debería estruturala e expresala dunha forma máis sinxela e
comprensible, dado que moitos lectores non aprecian este tipo de composicións.
Antes de rematar, debo
dicir que aínda que non acabase de convencerme a totalidade da obra, algún dos
contos captou moito o meu interese.
Sen comentarios
Publicar un comentario