O libro de Jordi Sierra i Fabra baséase nunha historia de
adolescentes.
Ana é unha rapaza feliz de 15
anos, cometeu o gran erro, un embarazo non desexado. Isto ten consecuencias moi
graves para ela que deberá afrontar o problema completamente soa. Algo que en
principio parece sinxelo e que para ela foi moi grave, foi o motivo para poñer
fin a súa vida.
A súa irmá Vitoria, que está
estudando en Londres, fixo moitas
averiguacións ata chegar a descubrir como foi realmente a tráxica historia.
Algo que se podería haber evitado se os profesionais (farmacéuticos, médicos,
enfermeiras..) fosen máis comprensivos cos adolescentes. Por parte de súa nai,
opino o mesmo, debería ser máis tolerante, non debería quitarlle os preservativos a súa filla...
Esta obra axudoume a ver que
cando hai problemas, non só necesitamos axuda dos amigos senón tamén a dos
maiores e por suposto da familia.
Este libro gustoume moito
porque é moi realista, o mesmo que lle
pasou a Ana poderíalle pasar a calquera outra adolescente. Paréceme unha obra
para ler non só as/os adolescentes, senón tamén os pais e as nais. Así poderían
falar mais cos seus fillos para que cando estes teñan un problema deste tipo
non se atopen totalmente illados.
Sen comentarios
Publicar un comentario