Comentario de Francisco Rivas Santomé
A Pantasma de Canterville e outros contos
Oscar Wilde
Xerais
A Pantasma de Canterville e outros contos
Oscar Wilde
Xerais
Este
libro xa o lera en Inglés, e por iso podo comentar que está moi ben;
como o tema do que as cousas ás veces non son o que parecen no caso da
pantasma, xa que por culpa de dous rapaces o que acaba mal é el a causa das
súas travesuras.
A
familia Otis, de clase social alta, paréceme moi valente no feito de querer
vivir nunha casa encantada, xa que non todas as persoas temos as mesmas agallas
para facer isto, porque non sabes o que pode pasar nestes casos.
A
pantasma tivo unha morte que persoalmente pareceume moi cruel, por mor do que
lle fixeran; quedara encerrado nunha habitación sen comida nin bebida, morrendo
a causa disto.
Dos
personaxes, os que máis me chamaron a atención foron os irmáns xemelgos, xa que
os dous xuntos ca axuda da familia foron capaces de derrrotar ó fantasma coas
artimañas que lle poñían, (burlábanse del, poñíanlle aceites, deterxentes...
etc.).
É
un libro que ten moita intriga, xa que cada día que o lía quedaba pensando en
saber o que podería pasar cos personaxes da historia e o seu futuro naquela
mansión encantada.
Cando
chega o final, queda todo o misterio resolto, e todo como podíase esperar; xa
que a filla dos Otis axúdao a librarse da súa maldición e así poder descansar
en paz; a pantasma estivo vagando polo tempo sen estar de todo morto durante
trescentos anos.
Sen comentarios
Publicar un comentario