Comentario de Iciar
Diario de Ana Frank
Kalandraka
O diario de Ana Frank é un libro que ao lelo acabas dentro da historia, coñecendo a cada unha das persoas, eu ao acabar de ler o libro parecíame que coñecía a Ana de toda a vida.
Ao ler o libro parecíame impresionante como vivían todos na Casa de Atrás, poñendo turnos para ducharse, pasando fame, etc. e aínda así todos eran felices e intentaban seguir coas súas vidas sen pensar no seu futuro, en cando acabaría esa guerra, en se sairían adiante ou non. É moi forte como lles cambiou a vida dun día para outro. Pasar de vivir tranquilo na túa casa, cos teus amigos, toda a túa familia, o lugar onde vives... e dun día para outro ter que marchar, vivir dous anos escondéndote, con outra familia coa que sempre hai enfrontamentos e á que non soportas (nin eles a ti te soportan). A min seríame moi difícil cambiar tanto de vida.
Tamén me gustou a historia de Ana con Peter, aquel rapaciño que ao principio non soportaba, pero ao coñecérense mellor mudou a súa opinión sobre el e acabáronse namorando.
Pero sen dúbida a parte que máis me impresionou de todo o libro foi a ultima páxina, na que explica que pasou cos oito escondidos e cos que os protexían, cando os atoparon... o pai de Ana refixo a súa vida e dedicouse a publicar o diario da súa filla para que a xente soubera todo o que viviran.
Sen comentarios
Publicar un comentario