Ésta é a historia da Pedra
de Lúa, unha pedra máxica que lle confire poder a quen a posúe, e de Berenguela,
posiblemente a elixida para salvar o reino de Landereina.
Neste libro mestúranse
dúas historias, por un lado a da Dinastía dos Gheiroez: o rei Argún II
arrebátalle a Pedra de Lúa a Wiasmau “o feiticeiro” e acaba con 46 anos de
dominio, recuperando o reino de Landereina. A partires de aí a súa familia
terá que gardar a pedra en segredo, protexela e conseguir información que lles
permita destruíla (porque lle confíre a quen a ten dominio sobre os guerreiros
escuros das montañas Kaii, os Kaihunn). Benergard xunto con Bendiargo,
descendentes de Argún II, case conseguen acabar co poder da pedra, lograron que
se rompera en cinco anacos, catro deles están espallados en distintos lugares
do reino e o quinto quedará na familia é será coñecida como Bágoa de Lúa.
Por outro lado, está
Berenguela, esta rapaza non sabe que é descendente dos Gheiroez nin que o
colgante que lle regalou a súa nai é a Bágoa de Lúa. Cando un novo exército de
Kaihunn ataca ás Amazonas e lle da morte a súa nai, Güennaela chegará a súa
cabana con ordes de Maëriss, a rexedora de Gabaia, para levar a cabo un plan trazado
anos antes. Na viaxe descubrirá quen é ela, que significa o seu colgante e que
quizais sexa a elixida para destruílo.
Ao principio, pareceume algo confuso, pero a medida que
avanzaba na lectura todo se aclaraba e cobraba sentido.
Sen comentarios
Publicar un comentario