Comentario de Aida Vilariño
Ser a única nena de seis irmáns non é fácil. A nai de
Calpurnia Tate quere que aprenda cousas de señorita: aprender a cociñar, coser,
comportarse como é debido, deixar de meterse en pelexas e tocar o piano. Pero
co que de verdade ela disfruta é saíndo a observar a natureza. Ao único ao que
lle interesan as observacións de Calpurnia é a seu avó que ata lle regala un
exemplar da Orixe das especies e un caderno para que anote as suas
observacións.
Calpurnia tamén observa o seu arredor. A súa familia tamén vai evolucionando por dicilo dalgún xeito. Uns namóranse e rómpenlle o corazón, outros non deixan de meterse en pelexa, etc.
Calpurnia tamén observa o seu arredor. A súa familia tamén vai evolucionando por dicilo dalgún xeito. Uns namóranse e rómpenlle o corazón, outros non deixan de meterse en pelexa, etc.
A verdade é que o libro me gustou moito.
Non me gustaría nada ter que vivir nunha familia na
que son todos irmáns, non os aguantaría, tería disputas todos os días, e non é que
teña moita paciencia.
Sen comentarios
Publicar un comentario