ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/12/13

Todos somos

Comentario de Minerva Malho




Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais



Na miña opinión pareceume  un libro interesante á par que intrigante. Todo empeza pola desaparición dunha rapaza chamada Natalia.

O que máis me gustou foi que grazas á desaparición de Natalia, Lina a investigadora perdera o medo aos casos de rapaces polo súa mala experiencia e deixara de soñar con ese rapaz e puidese volver a investigar casos coma este. Tamén me gustou a actitude de Antón, un rapaz de onde vivía Natalia, que aínda que todos pensasen que era un neno e que non se daba conta das cousas nin do que estaba pasando el enterábase de todo. Aínda que estaba farto de seus pais porque non lle facían caso cando falaba sentíase moi só como Natalia. Cando se enterou da historia de Adelina tomouno ben, con serenidade e madurez. E intentou facer a mesma vida que tiña antes da desaparición de Natalia. E cada vez era máis fácil porque a xente xa se lle olvidaba a desaparición, aínda que el a seguía recordando moito. O menos que me gustou foi que non aparecese a rapaza.

Sen comentarios