Comentario de María Framiñán
Este libro a simple vista parece aburrido e díficil de ler. Pero é todo o
contrario, trata dunha nena chamada Calpurnia, que quería ser científica e
ninguén da súa familia o aceptaba excepto seu avó. Calpurnia axudaba ao seu avó
en inventigacións. Encantoume este libro porque trata sobre o machismo, un tema
moi importante na sociedade. Vexo moi mal que a propia nai de Calpurnia non
lle deixe cumprir o seu soño, que é ser cientifíca pero si que ten que aprender a
coser, cociñar e ter un bo marido. Gustoume moito como enfocou as cousas a
autora xa que non critica directamente senón que nos deixa aos lectores que nos
deamos de conta de que o libro trata dunha sociedade na que as mulleres son
menos que os homes e que non está ben visto pola xente que unha muller teña unha
carreira senón que é todo o contrario, ten que estar na casa, coidar dos fillos,
saber coser, cociñar e ter un bo marido e sabelo coidar.
O libro en si é moi fácil de ler, ten partes que faise pesado pero polo xeral é moi fácil de ler e entendes todo perfectamente .
Unha cousa que me ensinou este libro é que non debemos de fiarnos das portadas dos libros xa que non reflicten nada ben do que trata o libro. Alguo que me sorprendeu foi o nome da rapaza, Calpurnia: un nome que nunca oíra.

Sen comentarios
Publicar un comentario