Esta obra escrita por Xesús Fraga pareceume,
na miña opinión, un dos mellores libros que lin no que vai de curso.
Esta peza deume a sensación de ser moi curta, e con isto non quero dicir que teña poucas páxinas ou que non me gustase, ao
contrario, fíxoseme curta grazas á súa historia. Sentinme bastante
identificado con Reo ou coa persona que así se fai chamar, e non é porque me
guste o gaffiti, senón porque as situacións ás que se enfronta son moi comúns
doas que están sucedendo hoxe en día entre os mozos.
Unha das cousas que máis me gustou do libro foi o ben
que están interpretadas as vidas de cada personaxe, e o tema do whatsapp, xa
que en moitas obras actuais non empregan as novas tecnoloxías e é algo que en
moitas bótase en falta.
Pero neste libro no só hai cousas que me gustasen
tamén hai cousas que non, unha delas é a falta de complexidade que se dá
nalgunhas partes. O final disgustoume bastante e é algo que non me
chegou, ademais de que eu non son moito de finais abertos. Gustaríame saber
como acabou esa bonita "historia de amor" entre Reo e Cora, que foi
dos amigos de Reo, se Rai e Sen chegaron a ser moi populares ou non, etc.
A parte diso, eu recomendo ler este libro xa que
a súa historia paréceme moi boa, ademais de ser un libro moi sinxelo de ler e
que seguro o rematarás sen darte conta.
1 comentario:
Definitivamente o libro gustoume moito porque deixa un final aberto e intrígame se poderá vivir grazas ao graffiti e qué lle sucederá no futuro a ese rapaz.
Publicar un comentario