Comentario de Valeria
Espinal Carreño
Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais
Os primeiros
capítulos do libro non me gustaron moito e non estaba metida na historia, pero
cando apareceu Mariña no relato, empezoume a enganchar e a gustar.
Atráenme moito as historia de misterio e intriga, polo que este
libro gustoume moito.
Unha das cousas que máis me chamou a atención, foron as escenas
entre Simón e Mariña, dende que se coñeceron, ata o final. Os capítulos que
máis me engancharon, foi cando os dous protagonistas visitaron a illa,
onde supostamente estaba o "tesouro". Alí coñeceron ao
"dono" de dita illa.
Decepcionoume que ó final non houbera asasino ningún, xa que eu
esperaba sorprenderme.
Sen comentarios
Publicar un comentario