ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/10/12

Os fillos do mar

Comentario de Adrián Villar García


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais

De todos os libros que lin conducidos polo profesorado de galego, este é o mellor.
Ao principio pensei que sería coma todas as outras novelas de aventura e intriga, que sempre tratan de persecucións e pistas que xa se supoñen, pero nesta novela hai poucas persecucións e as que hai non as esperas; as pistas son intrigantes e conséguense descifrar pouco a pouco ata o final, no que se resolven todas as dúbidas e fai que se convirta a novela en impresionante.
Cando un xa leva lido bastante, parece que xa non van aparecer máis personaxes, porén si que sucede e iso fai que o libro enganche aínda máis e non se pode parar de ler; así que aínda que é un libro groso remátase deseguida.
Unha cousa que non me puxera a pensar ata rematar o libro foi na posible relación entre Mariña e Simón.
A novela é emocionante e encantoume. Agardo que o autor escriba outra tan interesante coma esta pronto. E agardo que a profe, Gracia, nos siga recomendando libros tan emocionantes.

1 comentario:

Carlos Mato dixo...

Outra gran alegría para o meu tempo libre, o feito de que a persoaxe principal se mostre tan cercana fai que lela sea como se cho estivese contando ahí ao teu lado, e as descripcións da cidade eu diría que son excepcionais. O inicio da historia resultoume bastante raro, ou digamos casual porque un arquitecto mediocre designado por unha familia de bo nome para unha obra, sona raro mirese como se mire, pero según vas lendo na historia vas encaixando pezas e como seguindo migallas de pan atopaste co final, e sen darte conta acabas de ler o libro. Tamén moi recomendable sobre todo se coñeces algunha das zonas que se describen no libro.