Comentario de David González Sampayo
Cartas de amor
Fran Alonso
Xerais
"Cartas de amor" é un libro de Fran Alonso, que é moi interesante
e sorprendente. Neste libro resáltanse e reivindíncanse distintos valores e
trátanse temas,como, a inmigración, a época franquista, a integración social, a
violencia ou a prostitución. Estes temas son tratados nas distintas cartas en
que se divide esta historia. Como dixen anteriormente, esta é unha historia
bastante sorprendente porque cando lemos o seu título, na nosa cabeza créase
unha idea sobre cal vai ser o tema principal da historia pero cambia comezamos
a ler, esa idea esvaécese. Outra cousa pola que me gustou esta historia foi
polo detallada descrición que se dá da ambientación e dos personaxes.
Eu recomendaríalle este libro á xente da miña idade porque é unha historia
curta e fácil de ler, cun léxico sinxelo. Outro motivo polo que recomendaría
este libro é polo gran realismo que este posúe, debido a que cando estás lendo,
ás veces pónseche a pel de galiña porque un é consciente de que o que está
lendo, o atopa ao saír pola porta da casa. O último aspecto polo que
recomendaría esta libro é polo pouco pesada que se fai a súa lectura, xa que o
seu autor conssegue que queiras seguir lendo ata o remate da historia.
A carta que máis me gustou de todo o libro foi "Ilegal", a
primeira carta do libro, xa que nela se expresaos esforzos e os sacrificios que
fai unha muller inmigrante por darlle unha boa e grata vida ao fillo que ten no
seu ventre e está a piques de nacer. Entre estes esforzos e sacrificios
atópanse arriscar a vida e superar os límites da legalidade, para loitar pola
súa propia dignidade.
Case todas as cartas, por non decir todas, teñen un detalle que me gustou.
Ese detalle é o final cerrado que teñen todas, porque a min gústanme os finais
nos que se especifica, cal é o remate duns feitos; esto anterior xa o veño
dicindo en comentarios pasados.
Sen comentarios
Publicar un comentario